martes, 4 de mayo de 2010

Pitágoras

Pitágoras de Samos, en grego Πυθαγόρας οu Σάμιος, nado no ano 582 a.C e finado no 496 a.C, foi un filósofo e matemático grego, famoso polo seu teorema, o Teorema de Pitágoras.

Pitágoras, "O pai dos números", naceu na illa de Samos. Sendo aínda moi novo cando viaxou a Mesopotamia e Exipto, onde recibiu os estudos básicos e fundou a súa primeira escola. Algúns problemas políticos obrigárono a mudarse a Crotona, no sur de Italia, onde fundou a súa segunda escola. As doutrinas deste centro cultural eran rexidas por regras sumamente estritas sobre a forma de comportarse. A súa escola estaba aberta a homes e mulleres indistintamente, e a conduta discriminatoria estaba prohibida. Os seus estudantes pertencían a todos os tipos de razas, relixións, e estados, tanto social coma económico.

A súa escola de pensamento afirmaba que a estrutura do universo era aritmética e xeométrica, a partir do cal as matemáticas se converteron nunha disciplina fundamental para toda a investigación científica.

Pouco se sabe da nenez de Pitágoras. Todas as pistas do seu aspecto físico probablemente sexan ficticias excepto a descrición dunha marca de nacemento chamativa que Pitágoras tiña no perna. E probable que tivera dous irmáns aínda que algunhas fontes din que Pitágoras tiña tres. Era certamente instruído, aprendendo a tocar a lira, poesía e a recitar a Homero. Había tres filósofos, entre os seus profesores, que deberon de influenciar a Pitágoras na sua xuventude. Un deles, o máis importante era Perékydes que moitos describen como o profesor de Pitágoras.

Pode ser considerado a persoa máis influínte da historia universal, pasa por ser o introdutor de pesos e medidas, descubridor da teoría musical, inventor da xeometría e a aritmética teórica; o primeiro en soster a forma esférica da terra, en falar de "teoría filosófica" e de "filósofos", en postular o baleiro, en intentar canalizar o fervor relixioso en fervor intelectual, en usar o raciocionio e a definición e en considerar que o universo era unha obra só descifrable por medios matemáticos.

Algúns escritores cren que Pitágoras foi unha escola do pensamento, e non unha persoa. Debido a que Pitágoras significa "os que falan co ventre".

No hay comentarios:

Publicar un comentario